Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

FIRME RÚA AGRA DO ORZÁN

13/09/2022  •  PAIO  •  Distrito 6

Esta rúa conta cun firme completamente deteriorado, cómprelle un arranxo urxente. Constitúe unha importante vía de unión entre a ronda de Nelle e a ronda de Outeiro polo que conta con gran afluencia de tráfico.

150.000 €

Embelecemento do barrio

23/09/2022  •  823f306e-56f3-424a-ada2-f719eca89eb9  •  Distrito 6

Aproveitando o entorno da rúa Barcelona, arteria da Agra do Orzán, poderíanse extender as peatonalizacións (do xeito que xa se fixo na rúa Cuba), apostar por beirarrúas máis amplas e con máis arbolado e introducir algunha iniciativa de xardinería na que poidesen participar os cidadáns.

150.000 €
Vista da rúa Nebrija

Humanización da rúa Nebrija, paso entre Ronda de Nelle e o CEIP Paseo das Pontes

26/09/2022  •  anilorrak  •  Distrito 6

A rúa Nebrija, aínda que é unha rúa pequena, é unha importante vía de paso para os peóns que une Ronda de Nelle co CEIP Paseo das Pontes (Rúa San Pedro de Mezonzo). Pese a este tránsito constante de veciños e alumnado é unha rúa chea de coches aparcados, con beirarúas estreitas de menos 1 metro (vense ocupadas polas popas dos coches estacionados en batería) e o máis desagradable dela é a escaleira que salva o desnivel coa Ronda de Nelle. Esta escaleira conta cun espazo inferior no que moitos incívicos deixan as súas deposicións e mexos practicamente a diario, todo suxo e fedorento. O tema da suciedade vese agravado pola proximidade dun par de contedores do lixo ao pé das escaleiras sempre rodeados de mobles e colchón usados.o pasamáns, de máis de 40 anos, está corroído polo óxido na súa base, facéndoa insegura. Todo isto rodeado de coches que imos sorteando como podemos ao pasar. Ista é a estampa da rúa Nebrija.

Propoñemos que se busque unha solución limpa e cómoda que salve o desnivel entre a Ronda de Nelle e rúa Nebrija con outro tipo de escaleiras ou rampas que eviten eses insalubres ocos inferiores, ampliando o espazo que ocupa a actual a escaleira se fose necesario, e que serva de apertura a esta vía con forte paso peonil. A humanización da rúa para facilitar o tránsito de persoas, moitas delas cara a o Centro Formativo Paseo das Pontes, un centro de ao redor de 800 alumnos, implicaría ampliar beirarúas e reducir a presenza de vehículos, mesmo peonalizala deixando só paso aos garaxes (a circulación está garantida polo triángulo formado por Avda. Fisterra, Ronda de Nelle e rúa San Pedro de Mezonzo). Podería completarse coa colocación dalgúns bancos (moita xente maior no barrio) e algún tipo de vexetación que resista nesta rúa bastante sombría. No caso de poderse facer peonil, a pequena rúa perpendicular, rúa Jorge Borrow (que case nin beirarúas ten) quedaría sen tráfico (excepto garaxes) podendo unirse todo unha mesma zona peonil.

150.000 €
Pavimento en Ronda de Outeiro a la altura del cruce con calle Agra del Orzán

Mejora del asfalto, pavimento y contenedores en Ronda de Outeiro-Agra do Orzán

23/09/2022  •  Por el civismo siempre  •  Distrito 6

El asfaltado de la carretera que va desde la rotonda de la Ronda de Outeiro en adelante y también los pasos de peatones y demás señales pintadas se encuentran en un estado muy mejorable (se nota al circular en coche y mucho más en moto, que es incluso un peligro debido al riesgo de caída y accidente) y debería renovarse todo ese tramo de una vez.

También en la Ronda de Outeiro a la altura del Agra del Orzán en en el pavimento hay socavones muy prominentes que suponen un riesgo para los peatones y viandantes, y también sería necesario renovar los contenedores de suelo que se encuentran cerca del mercado de As Conchiñas (no puedo adjuntar imagen, solo me permite una) pues se encuentran rotos y con malos olores debido a la falta de limpieza y mantenimiento.

150.000 €