Na Coruña Contas

Resultados da busca

Amósanse 1  10 dun total de 12propostas de investimento que conteñen 'Educación'

infografía_patio_proxectado.jpg

Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

22/09/2022  •  Fran-Mourelo  •  Distrito 7

É o momento de transformar os patios dos colexios. Precisamos menos asfalto e máis verde. Unicef acaba de publicar un estudo que proba a necesidade de espazos verdes para mellorar a saúde da infancia. Aconsella que os patios dos colexios se convertan en pequenos xardíns, algo que xa se está levando a cabo, aínda que moi lentamente. Tamén defende, con aportes científicos sólidos, a necesidade dunha maior conexión coa natureza no entorno urbano que repercute na diminución dos problemas sociais e de convivencia, no aumento da saúde mental, do rendemento escolar e da equidade educativa. O noso patio é gris, duro e exposto ás inclemencias do tempo (é unha superficie de pavimento en moi mal estado sen sombra ou zona cuberta algunha). Nun enclave pioneiro en canto a espazos verdes, a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra quere naturalizar e humanizar o seu patio escolar. Esta proposta ven precedida por tres anos de formación pedagóxica do noso claustro na transformación de espazos educativos e na dinamización destes; tamén, do debate, da reflexión e do traballo do alumando e das familias.

https://www.unicef.org/media/102391/file/Necessity%20of%20Urban%20Green%20Space%20for%20Children%E2%80%99s%20Optimal%20Development.pdf

150.000 €

Voto

MELLORA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO - CEIP PL. SAN PEDRO DE VISMA

14/09/2022  •  0a830db0-1d62-4be3-a6aa-db0104b857c9  •  Distrito 5

O actual pavillón polideportivo ten moitos desperfectos que impiden a práctica do deporte en condicións axeitadas. A súa mellora propiciará tamén o seu uso por parte das veciñas e dos veciños do barrio.

As actuacións consistirán na reparación do tellado, do chan e, en xeral, de todos os actuais desperfectos. É fundamental tamén estudar a posibilidade de pechalo por completo e, na medida do posible, executar vestiarios e un graderío.  

149.500 €

Voto
Cuberta do CEIP SAL LENCE

Arranxo da cuberta do CEIP SAL LENCE

25/09/2022  •  Ampa.sallence  •  Distrito 7

Actualmente a cuberta do CEIP SAL LENCE atópase en moi mal estado, require unha necesidade imperiosa de acondicionamento e reforma.

150.000 €

Voto
IMG-20220925-WA0006.jpg

MELLORA DOS MUROS INTERIORES NO CEIP MARIA PITA

25/09/2022  •  irenillas  •  Distrito 7

Mellora nos muros do centro para que dean cabida a murais representativos de temáticas culturais, integradoras e igualitarias elaboradas por artistas locais, asociacións ou membros da comunidade educativa.

50.000 €

Voto
Pista en setembro de 2022

Arranxo da pista do Ceip Victor López Seoane

25/09/2022  •  maria.caride.delgado@gmail.com  •  Distrito 2

A pista deportiva do Ceip Victor López Seoane,colexio do barrio de Monte Alto ao que asisten case 420 nenos e nenas, ten unha pista deportiva en moi malas condiccións.

O chan da pista presenta cuarteaduras, foxos, nalgúns lugares tende a denivelarse ademais dun enreixado roto, co perigo que supón estas condiccións para o alumnado.

Desde a Anpa Faro propoñemos o seu arranxo para que a comuidade educativa do colexio poida gozar dunas instalacións axeitadas para poder desenvolver as súas actividades deportivas e culturais.

148.000 €

Voto
Patio actual CEIP María Barbeito

Renovación completa patio CEIP María Barbeito

25/09/2022  •  Jesús XM  •  Distrito 10

El colegio María Barbeito tiene más de 4.000 metros cuadrados dedicados a patio que, en su mayor parte, no son más que pistas de asfalto y cemento donde jugar al fútbol, pilla, peleas o pasear. Es lo más parecido al patio de una cárcel pero con los muros más bajos.

Después de 40 años que tiene el colegio, sería buena idea invertir en transformarlo en un lugar más agradable, que invite al alumnado a jugar y relacionarse, con superficies diferentes al asfalto y más elementos naturales (árboles, huerta, setos...). En fin, un espacio agradable tanto para el recreo como para clases al aire libre.

Dejo en el archivo adjunto algunas proyectos ya realizados, tanto en Galicia como en otros lugares, que funcionan muy bien y ayudan incluso a mejorar el propio barrio.

150.000 €

Voto
parque actual

Renovación e actualización do Parque Gardería Ventorrrillo

13/09/2022  •  Lecop  •  Toda a cidade

Solicitamos a modernización e acondicionamento do Parque do Ventorrillo, ó lado da gardería municipal e do colexio María Barbeito. Colocación de rampas, zonas de escalada, tobogáns, columpios e pavimento idóneo para @s nen@s. Reubicar árbores,renovar a fonte de auga, mais papeleras,etc! É un parque moi utilizadopola veciñanza e mereceo.

400.000 €

Voto

Reparación de las filtraciones del pabellón del CEIP Concepción Arenal

20/09/2022  •  MLP. ACORUÑA  •  Distrito 3

La situación del pabellón requiere la realización de obras de reparación de las filtraciones existentes con la finalidad de permitir su uso en los días de lluvia. Este espacio es utilizado por el CEIP Concepción Arenal y por el IES Fernando Wirtz durante las horas lectivas así como para realizar actividades que permiten conciliar la vida de las familias.

95.000 €

Voto
O acuario precisa dunha actualización

Actualización Acuario

13/09/2022  •  maboro  •  Toda a cidade

O Acuario é un dos buques insignia dos museos da cidade mais polo normal pasar do tempo precisa unha actualización da musealización, repensar as especies (parece haber cada vez menos e menos variedade) así como adecentamento das instalacións (nas que se ve ferruxe e fallas nos distintos espacios).

60.000 €

Voto
CarrilPeatonal

Camiño seguro o colexio

12/09/2022  •  MCP  •  Distrito 8

Facer un carril peatonal na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nueva York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura.

70.000 €

Voto