Orzamentos participativos 2023

Propostas gañadoras

Xa están dispoñibles, para a súa consulta, as propostas que resultaron gañadoras nos Orzamentos Participativos 2023.  

Noraboa! Na Coruña contas. 

Axuda sobre os orzamentos participativos

Toda a cidade

  • Toda a cidade

Distritos

  • Distrito 1
  • Distrito 2
  • Distrito 3
  • Distrito 4
  • Distrito 5
  • Distrito 6
  • Distrito 7
  • Distrito 8
  • Distrito 9
  • Distrito 10

Distritos censuais da Coruña

Se non pode ver o mapa cos distritos da cidade prema aquí para ver o mapa cos distritos a pantalla completa


Propostas localizables xeograficamente

Fases dos orzamentos participativos

  • Presentación de propostas

  • Fase de apoios

  • Avaliación de propostas

  • Votando proxectos

  • Peche da votación final

  • Resultados

    -

Orzamentos participativos en 2 minutos

Recollida de propostas

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus barrios.

As propostas preséntanse prioritariamente a través desta web, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum.

Ademais, podes acudir aos puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas.

Apoios e avaliación

Na fase de apoios poderanse priorizar as propostas achegadas na fase anterior. É importante porque únicamente as máis apoiadas serán as que pasen á fase de votación final.

Antes da votación, durante a fase de avaliación, os diferentes servizos do concello implicados estudan que cada unha das propostas elixidas cumpra os requisitos necesarios: que supoñan un gasto de investimento que sexan viables tecnicamente, legais, e valoran o custo económico que suporía levalas a cabo.

Votación final

Na fase de votación final podes decidir como gastar unha parte do orzamento municipal de 2024 en proxectos de investimento. Podes votar unha ou varias propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas nun máximo de tres distritos censuais da túa elección.

Podes votar nesta web ou de maneira física en urnas a disposición da cidadanía en varios puntos da cidade. As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2024.