Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 5 propostas de investimento que conteñen 'Seguridade cidadá'

RECOLLIDA DE EXCREMENTOS CANINOS

26/09/2022  •  arnoldmdiaz19_  •  Toda a cidade

Nesta cidade existe unha importante comunidade de propietarios/as de cans que lles permiten facer as súas necesidades en calquera recuncho da cidade e non recollen os excrementos tal como obriga o ordenanza municipal e nos diría o sentido común e a boa convivencia, polo que propoño que se intensifique o control sobre as persoas infractoras que non recollen as deposicións dos animais.

Completo a proposta coa instalación de papeleiras específicas con expendedor de bolsiñas como as instaladas preto do Campo da Leña

25.000 €

Voto

HUMANIZACIÓN DA RÚA SALGADO SOMOZA

25/09/2022  •  Julia  •  Distrito 2

A rúa Salgado Somoza é unha rúa estreita e perigosa que carece de beirrarrúas para uso dos transéuntes, apenas conta cunha trazado no chan que é insuficiente para a seguridade dos viandantes, ademáis é un tramo que  é utilizado por moitos  escolares por tratarse dun punto de acceso  a tres centros educativos próximos. A miúdo os vehículos incorporanse a moi alta velocidade sen respectar a proximidade das zonas escolares e a cercanía dos  portais dos residentes. O estacionamento en máis ocasións das debidas de coches na linea amarela, ocasiona que os coches que suben arrímense demasiado os portais, co conseguinte perigo para a xente que accede ou sae da súa vivenda. O asfaltado da rúa está en condicións pésimas,  sería necesario un pavimentado novo. A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a  creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos  transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela, cunha boa sinalización ou ben instalando bandas rugosas .

150.000 €

Voto
Estrada dos Fortes

Beirarrúas Estrada dos Fortes

21/09/2022  •  CCG78  •  Distrito 5

A Estrada dos Fortes vai dende o C.C. Los Rosales ata o Monte de San Pedro. Conta con gran volume de tráfico e, por dito vial, transitan os peóns que se desprazan aos Colexios da zona (Calasancias e P. Escolapios-Calasanz), Campos de Fútbol de S.Pedro de Visma, Cemiterio ou mesmo paseantes que suben cara o Monte de San Pedro. As beirarrúas estreitas e, a miúdo, cheas de maleza, non son a mellor opción para acceder a este entorno, polo que se deberían ampliar ou acondicionar para a seguridade dos usuarios

100.000 €

Voto
CarrilPeatonal

Camiño seguro o colexio

12/09/2022  •  MCP  •  Distrito 8

Facer un carril peatonal na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nueva York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura.

70.000 €

Voto
UNHA DE TANTAS

QUERO SER LIBRE POLA CORUÑA

26/09/2022  •  Grumi  •  Toda a cidade

Imaxinádevos que cada día que queirades saír e dar un paseo pola vosa cidade vos supoñese una "yincana"; chanzos insalvables, farolas no medio dos itinerarios, rebaixes demasiado altos.....  Estos obstáculos son os que teño eu, unha persona que vai nunha cadeira de rodas pero ao igual ca min supón unha tortura para personas anciás, persoas con carrito de nenxs etc...

Precisamos unha intervención global ao nivel da Coruña no que se acondicionen os itinerarios para que sinxelamente todas as persoas poidamos pasear pola nosa cidade, por iso pedimos algo fundamental: Unha Coruña libre de barreiras.

250.000 €

Voto