Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 7 propostas de investimento que conteñen 'Participación cidadá'

infografía_patio_proxectado.jpg

Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

22/09/2022  •  Fran-Mourelo  •  Distrito 7

É o momento de transformar os patios dos colexios. Precisamos menos asfalto e máis verde. Unicef acaba de publicar un estudo que proba a necesidade de espazos verdes para mellorar a saúde da infancia. Aconsella que os patios dos colexios se convertan en pequenos xardíns, algo que xa se está levando a cabo, aínda que moi lentamente. Tamén defende, con aportes científicos sólidos, a necesidade dunha maior conexión coa natureza no entorno urbano que repercute na diminución dos problemas sociais e de convivencia, no aumento da saúde mental, do rendemento escolar e da equidade educativa. O noso patio é gris, duro e exposto ás inclemencias do tempo (é unha superficie de pavimento en moi mal estado sen sombra ou zona cuberta algunha). Nun enclave pioneiro en canto a espazos verdes, a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra quere naturalizar e humanizar o seu patio escolar. Esta proposta ven precedida por tres anos de formación pedagóxica do noso claustro na transformación de espazos educativos e na dinamización destes; tamén, do debate, da reflexión e do traballo do alumando e das familias.

https://www.unicef.org/media/102391/file/Necessity%20of%20Urban%20Green%20Space%20for%20Children%E2%80%99s%20Optimal%20Development.pdf

150.000 €

Voto

MELLORA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO - CEIP PL. SAN PEDRO DE VISMA

14/09/2022  •  0a830db0-1d62-4be3-a6aa-db0104b857c9  •  Distrito 5

O actual pavillón polideportivo ten moitos desperfectos que impiden a práctica do deporte en condicións axeitadas. A súa mellora propiciará tamén o seu uso por parte das veciñas e dos veciños do barrio.

As actuacións consistirán na reparación do tellado, do chan e, en xeral, de todos os actuais desperfectos. É fundamental tamén estudar a posibilidade de pechalo por completo e, na medida do posible, executar vestiarios e un graderío.  

149.500 €

Voto
Cuberta do CEIP SAL LENCE

Arranxo da cuberta do CEIP SAL LENCE

25/09/2022  •  Ampa.sallence  •  Distrito 7

Actualmente a cuberta do CEIP SAL LENCE atópase en moi mal estado, require unha necesidade imperiosa de acondicionamento e reforma.

150.000 €

Voto

Rascado e pintura fachada centro cívico da Silva.

25/09/2022  •  Silva  •  Distrito 10

A fachada do centro cívico da SILVA está nun estado lamentable. Precisa dunha man de pintura.

105.000 €

Voto

Arranxo da cuberta do CENTRO CIVICO DA SILVA

25/09/2022  •  Silva  •  Distrito 10

Actualmente a cuberta do CENTRO CIVICO precisa un arranxo

125.000 €

Voto

Colocación de tarima flotante .

25/09/2022  •  Silva  •  Distrito 10

O estado actual do suelo do CENTRO CIVICO DA SILVA e de terrazo, polo que en actividades ademáis de non ter calefacción pasamos moito frío . Pedimos que nas aulas poñan tarima flotante. 

75.000 €

Voto

Embelecemento do barrio

23/09/2022  •  823f306e-56f3-424a-ada2-f719eca89eb9  •  Distrito 6

Aproveitando o entorno da rúa Barcelona, arteria da Agra do Orzán, poderíanse extender as peatonalizacións (do xeito que xa se fixo na rúa Cuba), apostar por beirarrúas máis amplas e con máis arbolado e introducir algunha iniciativa de xardinería na que poidesen participar os cidadáns.

150.000 €

Voto