Se non pode ver o mapa cos distritos da cidade prema aquí para ver o mapa cos distritos a pantalla completa
Do 22 de setembro ao 2 de outubro, calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus barrios. As propostas preséntanse prioritariamente a través desta web, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum.
Orzamentos participativos en 2 minutos
Recollida de propostas
Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer algún investimento para a cidade e para os seus barrios.
As propostas preséntanse prioritariamente a través desta web, pero se prefires a participación presencial, podes facelo nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum.
Ademais, podes acudir aos puntos de apoio presencial repartidos por toda a cidade, onde che ofrecerán a información, a axuda e os medios necesarios para presentar as túas propostas.
Apoios e avaliación
Na fase de apoios poderanse priorizar as propostas achegadas na fase anterior. É importante porque únicamente as máis apoiadas serán as que pasen á fase de votación final.
Antes da votación, durante a fase de avaliación, os diferentes servizos do concello implicados estudan que cada unha das propostas elixidas cumpra os requisitos necesarios: que supoñan un gasto de investimento que sexan viables tecnicamente, legais, e valoran o custo económico que suporía levalas a cabo.
Votación final
Na fase de votación final podes decidir como gastar unha parte do orzamento municipal de 2024 en proxectos de investimento. Podes votar unha ou varias propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas nun máximo de tres distritos censuais da túa elección.
Podes votar nesta web ou de maneira física en urnas a disposición da cidadanía en varios puntos da cidade. As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2024.