Política de privacidade
AVISO DE PROTECCIÓN DE DATOS
- A navegación pola información dispoñible no Portal de Goberno Aberto do Goberno da Coruña é anónima.
- Para empregar os servizos contidos no Portal de Goberno Aberto do Concello da Coruña o usuario deberá darse de alta e proporcionar previamente os datos de carácter persoal segundo a información específica que consta en cada tipo de alta.
- Os datos achegados serán incorporados e tratados polo Concello da Coruña de acordo coa descrición do ficheiro seguinte:
-
Nome do ficheiro/tratamento: XESTIÓN DE PROCESOS PARTICIPATIVOS
-
Finalidade do ficheiro/tratamento: Xestionar os procesos participativos para a súa operación efectiva, o control da habilitación das persoas participantes de acordo coa normativa dos procesos e a análise estatística dos resultados derivados dos procesos de participación cidadá
- Órgano responsable: REXISTRO XERAL DO CONCELLO DA CORUÑA (praza de María Pita, 1, 15001-A Coruña)
- A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, ante o órgano responsable indicado, todo o cal se informa no cumprimento do artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
- Como principio xeral, este sitio web non comparte nin revela información obtida, excepto cando fose autorizada pola persoa usuaria, ou a informacion sexa requirida pola pola autoridade xudicial, ministerio fiscal ou a policía xudicial, ou se dea algún dos supostos regulados no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.