Na Coruña Contas

Resultados da busca

Amósanse 1  10 dun total de 32propostas de investimento que conteñen 'Urbanismo'

Parada de buses en Palavea. Unha das paradas para as que se solicita a inversión

INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS ELECTRÓNICOS NAS PARADAS DOS BUSES URBANO

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a inversión na instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos nas zonas de Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe (liñas 20, 22 e 1A) para facilitar a información sobre os horarios das paradas e os tempos de chegada (número de liña, destino e tempos de chegada) facilitando a visibilidade e a información para os usuarios que non empreguen aplicación móbiles.

149.900 €

Voto
infografía_patio_proxectado.jpg

Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

22/09/2022  •  Fran-Mourelo  •  Distrito 7

É o momento de transformar os patios dos colexios. Precisamos menos asfalto e máis verde. Unicef acaba de publicar un estudo que proba a necesidade de espazos verdes para mellorar a saúde da infancia. Aconsella que os patios dos colexios se convertan en pequenos xardíns, algo que xa se está levando a cabo, aínda que moi lentamente. Tamén defende, con aportes científicos sólidos, a necesidade dunha maior conexión coa natureza no entorno urbano que repercute na diminución dos problemas sociais e de convivencia, no aumento da saúde mental, do rendemento escolar e da equidade educativa. O noso patio é gris, duro e exposto ás inclemencias do tempo (é unha superficie de pavimento en moi mal estado sen sombra ou zona cuberta algunha). Nun enclave pioneiro en canto a espazos verdes, a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra quere naturalizar e humanizar o seu patio escolar. Esta proposta ven precedida por tres anos de formación pedagóxica do noso claustro na transformación de espazos educativos e na dinamización destes; tamén, do debate, da reflexión e do traballo do alumando e das familias.

https://www.unicef.org/media/102391/file/Necessity%20of%20Urban%20Green%20Space%20for%20Children%E2%80%99s%20Optimal%20Development.pdf

150.000 €

Voto

Reurbanización de Rúa Alta

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

Rúa Alta dispón de beirarrúas moi estreitas que non cumpren o mínimo legal, resultando perigoso para ir con carriños de bebés, cadeiras de rodas, e para calquera peón en xeral. Como vía que conecta San Andrés co Paseo Marítimo, poderíase reurbanizar copiando a estética de Rúa Nova para darlle continuidade, mellorando a súa estética e calidade urbanística.

150.000 €

Voto

Prantar árbores na rúa Socorro

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

Na Rúa Socorro sempre hai coches aparcados sobre a beirarúa nun tramo onde non hai bolardos porque sempre os arrincan. O único tramo de rúa carente de árbores, desde Rúa Alta ata a Rúa Cancela, é precisamente onde se produce o aparcamento ilegal. Propoño continuar co arborado ata a Rúa do Sol. Ademáis de impedir esta infracción, tamén se gañaría en calidade medioambiental e urbanística.

25.000 €

Voto
Comparativa Av. Exército / Rolda Outeiro

Humanización Avenida do Exército

13/09/2022  •  maboro  •  Toda a cidade

Actualmente a Avenida do Exército é unha autopista urbana que chega ata a Casa do Mar pouco amable para a cidadanía e que incita aos coches a ir moito máis rápido do límite. Propoño como primeiro paso para a humanización sustituir a mediana actual, con barreiras estilo autopista, por unha mediana similar a da Rolda de Outeiro entre Pérez Ardá e a estación de autobuses, con céspede e árbores (adxunto foto para comparación).

400.000 €

Voto
Localización da inversión (zona de Santa Xema)

REFORMA E HUMANIZACIÓN DA ESTRADA SANTUARIO DE SANTA XEMA E RÚA LÓPEZ CASANEGRA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a reforma da vía e humanización de ambas vías, a estrada Santuario de Santa Xema e o final da rúa López Casanegra, en ambos sentidos dende a glorieta de Santa Xema. Na dita humanización debería contemplarse a renovación do asfaltado necesario neses tramos, dotación dunha mellora no mobiliario urbano e melloras orientadas a mobilidade peonil, así como outras medidas complementarias as mesmas que permitan a mellora do espacio público da zona. 

150.000 €

Voto

Reurbanización da Rúa do Orzán

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

A rúa do Orzán, pesares de ser peonil desde a Praza de Pontevedra ata a Rúa Alta non presenta un deseño acordé a súa condición. Dispón de beirarúas, pasos de peóns, e unha estrada para o tráfico. Precisa dunha reforma para acentuar o seu carácter peonil, a través dun empedrado uniforme e mobiliario urbano novo.

150.000 €

Voto

MELLORA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO - CEIP PL. SAN PEDRO DE VISMA

14/09/2022  •  0a830db0-1d62-4be3-a6aa-db0104b857c9  •  Distrito 5

O actual pavillón polideportivo ten moitos desperfectos que impiden a práctica do deporte en condicións axeitadas. A súa mellora propiciará tamén o seu uso por parte das veciñas e dos veciños do barrio.

As actuacións consistirán na reparación do tellado, do chan e, en xeral, de todos os actuais desperfectos. É fundamental tamén estudar a posibilidade de pechalo por completo e, na medida do posible, executar vestiarios e un graderío.  

149.500 €

Voto
UNHA DE TANTAS

QUERO SER LIBRE POLA CORUÑA

26/09/2022  •  Grumi  •  Toda a cidade

Imaxinádevos que cada día que queirades saír e dar un paseo pola vosa cidade vos supoñese una "yincana"; chanzos insalvables, farolas no medio dos itinerarios, rebaixes demasiado altos.....  Estos obstáculos son os que teño eu, unha persona que vai nunha cadeira de rodas pero ao igual ca min supón unha tortura para personas anciás, persoas con carrito de nenxs etc...

Precisamos unha intervención global ao nivel da Coruña no que se acondicionen os itinerarios para que sinxelamente todas as persoas poidamos pasear pola nosa cidade, por iso pedimos algo fundamental: Unha Coruña libre de barreiras.

250.000 €

Voto
Cuberta do CEIP SAL LENCE

Arranxo da cuberta do CEIP SAL LENCE

25/09/2022  •  Ampa.sallence  •  Distrito 7

Actualmente a cuberta do CEIP SAL LENCE atópase en moi mal estado, require unha necesidade imperiosa de acondicionamento e reforma.

150.000 €

Voto