Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

Parque adolfo suarez

Parque Adolfo Suárez

26/09/2022  •  6eb4004a-b562-47a8-a0a2-1974e168d4ea  •  Distrito 5

El parque de Adolfo Suárez,tiene una pequeña zona de juegos para niños de edades muy pequeñas, con lo cual solicitamos una zona más grande de juegos con tirolina ,mesas pin pon,etc...También mesas y bancos para hacer zona merendero.

 

 

150.000 €

Reacondicionamento do Cole Azul CEIP Emilia Pardo Bazán

26/09/2022  •  E. L.  •  Distrito 5

Solicitude de reacondicionamento do cole azul, espazo adicado ao desenvolvemento das actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán, que consiste no cambio de xanelas e arranxo das persianas, velando pola seguridade de todo o alumnado que alí acude cada tarde e pola cativada que fai uso das instalacións nos campamentos de verán.

149.500 €

MELLORA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO - CEIP PL. SAN PEDRO DE VISMA

14/09/2022  •  0a830db0-1d62-4be3-a6aa-db0104b857c9  •  Distrito 5

O actual pavillón polideportivo ten moitos desperfectos que impiden a práctica do deporte en condicións axeitadas. A súa mellora propiciará tamén o seu uso por parte das veciñas e dos veciños do barrio.

As actuacións consistirán na reparación do tellado, do chan e, en xeral, de todos os actuais desperfectos. É fundamental tamén estudar a posibilidade de pechalo por completo e, na medida do posible, executar vestiarios e un graderío.  

149.500 €
Estrada dos Fortes

Beirarrúas Estrada dos Fortes

21/09/2022  •  CCG78  •  Distrito 5

A Estrada dos Fortes vai dende o C.C. Los Rosales ata o Monte de San Pedro. Conta con gran volume de tráfico e, por dito vial, transitan os peóns que se desprazan aos Colexios da zona (Calasancias e P. Escolapios-Calasanz), Campos de Fútbol de S.Pedro de Visma, Cemiterio ou mesmo paseantes que suben cara o Monte de San Pedro. As beirarrúas estreitas e, a miúdo, cheas de maleza, non son a mellor opción para acceder a este entorno, polo que se deberían ampliar ou acondicionar para a seguridade dos usuarios

100.000 €