Código proposta de investimento: 4032
A Estrada dos Fortes vai dende o C.C. Los Rosales ata o Monte de San Pedro. Conta con gran volume de tráfico e, por dito vial, transitan os peóns que se desprazan aos Colexios da zona (Calasancias e P. Escolapios-Calasanz), Campos de Fútbol de S.Pedro de Visma, Cemiterio ou mesmo paseantes que suben cara o Monte de San Pedro. As beirarrúas estreitas e, a miúdo, cheas de maleza, non son a mellor opción para acceder a este entorno, polo que se deberían ampliar ou acondicionar para a seguridade dos usuarios
A proposta é viable. Proponse mellorar as beirarrúas da Estrada dos Fortes aumentando o seu ancho nos puntos onde sexa posible así coma mellorando os pasos de peóns e garantindo o calmado de tráfico dunha estrada que forma parte tamén dunha contorna escolar de dous centros educativos. Reforzarase tamén a sinalización tanto vertical coma horizontal da rúa.
Esto no habría ni que proponerlo... son obligaciones mínimas de los ayuntamientos mantener y acondicionar las vías públicas y los espacios para peatones
E con carril bici para conectalo co que comenza no portiño
Muy necesario para el barrio