Propostas de investimento con ámbito: Distrito 7

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

infografía_patio_proxectado.jpg

Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

22/09/2022  •  Fran-Mourelo  •  Distrito 7

É o momento de transformar os patios dos colexios. Precisamos menos asfalto e máis verde. Unicef acaba de publicar un estudo que proba a necesidade de espazos verdes para mellorar a saúde da infancia. Aconsella que os patios dos colexios se convertan en pequenos xardíns, algo que xa se está levando a cabo, aínda que moi lentamente. Tamén defende, con aportes científicos sólidos, a necesidade dunha maior conexión coa natureza no entorno urbano que repercute na diminución dos problemas sociais e de convivencia, no aumento da saúde mental, do rendemento escolar e da equidade educativa. O noso patio é gris, duro e exposto ás inclemencias do tempo (é unha superficie de pavimento en moi mal estado sen sombra ou zona cuberta algunha). Nun enclave pioneiro en canto a espazos verdes, a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra quere naturalizar e humanizar o seu patio escolar. Esta proposta ven precedida por tres anos de formación pedagóxica do noso claustro na transformación de espazos educativos e na dinamización destes; tamén, do debate, da reflexión e do traballo do alumando e das familias.

https://www.unicef.org/media/102391/file/Necessity%20of%20Urban%20Green%20Space%20for%20Children%E2%80%99s%20Optimal%20Development.pdf

150.000 €
IMG-20220925-WA0006.jpg

MELLORA DOS MUROS INTERIORES NO CEIP MARIA PITA

25/09/2022  •  irenillas  •  Distrito 7

Mellora nos muros do centro para que dean cabida a murais representativos de temáticas culturais, integradoras e igualitarias elaboradas por artistas locais, asociacións ou membros da comunidade educativa.

50.000 €
Cuberta do CEIP SAL LENCE

Arranxo da cuberta do CEIP SAL LENCE

25/09/2022  •  Ampa.sallence  •  Distrito 7

Actualmente a cuberta do CEIP SAL LENCE atópase en moi mal estado, require unha necesidade imperiosa de acondicionamento e reforma.

150.000 €

Acondicionamento dos baños no CEIP SAL LENCE

23/09/2022  •  Ampa.sallence  •  Distrito 7

Os cuartos de baño do CEIP SAL LENCE atópanse nun estado lamentable e teñen moita necesidade dunha reforma ou acondicionamento.

150.000 €