Propostas de investimento con ámbito: Distrito 1

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

Reurbanización da Rúa do Orzán

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

A rúa do Orzán, pesares de ser peonil desde a Praza de Pontevedra ata a Rúa Alta non presenta un deseño acordé a súa condición. Dispón de beirarúas, pasos de peóns, e unha estrada para o tráfico. Precisa dunha reforma para acentuar o seu carácter peonil, a través dun empedrado uniforme e mobiliario urbano novo.

150.000 €

Reurbanización de Rúa Alta

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

Rúa Alta dispón de beirarrúas moi estreitas que non cumpren o mínimo legal, resultando perigoso para ir con carriños de bebés, cadeiras de rodas, e para calquera peón en xeral. Como vía que conecta San Andrés co Paseo Marítimo, poderíase reurbanizar copiando a estética de Rúa Nova para darlle continuidade, mellorando a súa estética e calidade urbanística.

150.000 €

Prantar árbores na rúa Socorro

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 1

Na Rúa Socorro sempre hai coches aparcados sobre a beirarúa nun tramo onde non hai bolardos porque sempre os arrincan. O único tramo de rúa carente de árbores, desde Rúa Alta ata a Rúa Cancela, é precisamente onde se produce o aparcamento ilegal. Propoño continuar co arborado ata a Rúa do Sol. Ademáis de impedir esta infracción, tamén se gañaría en calidade medioambiental e urbanística.

25.000 €
Banco Danado (fonte:Caio Graco Machado)

Rehabilitación dos bancos de cerámica dos Xardíns de Mendez Nuñez

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 1

Rehabilitación e recuperación dos bancos de cerámica danados polo botellón e o paso dos anos nos Xardíns de Mendez Nuñez, mediante a reintegración da cerámica e a pintura por persoal especializado.

Trátase dunha intervención patrimonial de moi baixo orzamento, que mellora sensiblemente o aspecto deste ben patrimonial. 

 

60.000 €