Volver

Facilitar o tránsito peonil na Praza de Monforte

Marcos Pérez Pena Marcos Pérez Pena  •  25/09/2022  •  Distrito 4  • 

monforte.jpg
monforte.jpg

Código proposta de investimento: 4138

A acertada reforma da rúa Pardo de Cela ficou inconclusa ao non incluír unha solución para facilitar o tránsito peonil na Praza de Monforte en dirección ás rúas Antonio Viñes, Vizcaya e Oidor Gregorio Tovar (e a través dela a Ángel Senra). As moitas persoas que cruzan este espazo fano directamente pola calzada, obviando o paso de peóns, que foi colocado demasiado abaixo (practicamente na rúa Felix Estrada Catoira).

Este lugar podería ser reformado para convertelo nunha zona de plataforma única, con preferencia peonil e tránsito de vehículos cunha velocidade limitada a 10 km/h. A zona podería elevarse no seu conxunto ao nivel da beirarrúa, pintarse dunha cor distinta que deixase claro o seu carácter peonil e colocar nas súas marxes badéns ou pasos elevados para axudar a limitar a velocidade dos coches.

A reforma melloraría a comunicación entre o barrio dos Mallos e a zona de Catro Camiños

Localización: Praza de Monforte

Informe de custo

A proposta é viable e executarase ata o límite de orzamento asignado ao distrito,

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • David Paz

    Esta é a diferenza entre unha proposta con vontade de mellora e de beneficio público e outras propostas de actuación moi próximas cunha idea de beneficio particular e privativo, nomedamente de aproveitamento hostaleiro.
    Oxalá haxa sorte para esta iniciativa.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos