Volver

Creación dunha rede de vías ciclabeis na cidade

zurdofran zurdofran  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2349

Para que o uso da bici como medio de transporte habitual sexa unha realidade, é preciso que as vías polas que circula estean en condicións para favorecer o seu uso. Iso se consigue creando unha rede viaria segura e util que anime a todas as coruñesas a moverse en bicicleta como un medio de transporte eficaz, seguro, económico e saudabel.

De pouco sirve facer carriles bici inconexos que aparecen e desaparecen de súpeto e que obrigan a ciclousuarios a realizar incorporacións á calzada pouco seguras. Esta rede debería de convinar carriles bici exclusivos onde fose preciso con vías ZONA 20 ou ZONA 30 ben definidas onde as bicicletas tivesen preferencia sobre os vehículos de motor. E por suposto tratar de que as bicicletas non circulen pola beirarrúa e o fagan de forma segura e responsable.

Proposta en nome de: MOBI-LIZA, asociación por unha mobilidade responsable

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE polo equipo técnico municipal, en base ao seguinte informe: “Esta proposta pretende potencia a bicicleta como medio de transporte habitual, eficaz, seguro, económico e saudable. Propón unha rede de carril bici pola cidade de forma que se conecten entre sí diferentes zonas do termo municipal para posibilitar un percorrido seguro, combinando carrís bici exclusivos con vías ZONA 20 ou ZONA 30 onde as bicicletas tivesen preferencia. O Orzamento estimado por km é de 80.000 € o que significa que se poderían executar 12,5 km de rede ciclable". Agradecemos a túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Fernando S

    Eu apoio esta proposta. E ademáis penso que sería necesario que Bicicoruña tivese dispoñible bicicletas eléctricas como teñen outros concellos, para poder usalas en zoas de moita pendente, como por exemplo a subida da Avenida Finisterre ou na ronda de Outeiro

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • lrf

      Completamente de acordo, e a idea dun plano guía paréceme tamén moi acertada. Deberíase ter tamén en conta a unificación da sinalización vertical e horizontal dos mesmos.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • Marcosrodriguez

        1 Deberias de definir util.
        2 cuando se apela a los vehiculos de motor para que cunplan una preferencia,a mi me da desconfianza,porque esto no se va a cumplir por muccho que lo señalicen.
        3 Deberias de poner un ejemplo mejor que Gijon,Que hoy por hoy esta mejor Coruña,pero hay ciudades que han ido mas lejos,y lo han hecho mejor,con mejores resultados como son:SanSebastian,Sevilla,y sobre todo Victoria.

        1 voto  | 
        1
        0
        3 respostas (ver) 3 respostas (contraer)
        • Marcosrodriguez

          Queria decir que Gijon esta mejor que Coruña,me he saltado el que y parece lo contrario

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          • zurdofran
            zurdofran  •  Autor  •  21/06/2016 00:54:53

            1 con Util me refiero a que pueda ser utilizable por la gran mayoría de personas
            2 Puede ser que los vehículos a motor incumplan esas preferencias, pero esto se podría mejorar además de con señalización, formación y un mejor control, con barreras físicas que limiten la velocidad de los vehículos: bandas rugosas, cojín berlinés, etc.
            3 Podría poner otros muchos como los que comentas y que conozco muy bien, pero decidí poner solo este por cercanía, configuración de ciudad, densidad de población, etc.

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
            • emilioj

              En España penso que o modelo actual a seguir en canto a mobilidade é Vitoria. Leva anos traballandose con xeito este eido e a xente responde, empregando masivamente a bicicleta.

              Ningún voto  | 
              0
              0
              Sen respostas
            • julicoruna

              Primero creo que seria necesario donde serian esos 12.5km,o especificais nada sobre ello,tambien creo que antes de aumentar el carril bici se deberia de mejorar el existente,de hecho creo que se deberia de tomar en serio quitar el carril del tranvia y convertirlo en carril bici,asi aumentando la zona en el paseo maritimo uniendo ese carril bici hasta la casa de los peces y hasta la zona del millenium(por el otro lado)

              Ningún voto  | 
              0
              0
              Sen respostas
              • ines.villasuso

                MÁIS QUE IMPRESCINDIBLE, sempre utilizo a bicicleta como medio de transporte na cidade e sempre expoñome a situación de risco ao ir pola rua, con coches que non respetan aos ciclistas ou molesto aos peatóns indo pola veirarúa.
                Os poucios carrís que hai encontranse incoinexos mal pintados e sinalizado.
                CARRIL BICI ÚTIL XA!

                Ningún voto  | 
                0
                0
                Sen respostas
                • CG

                  Voto por esta iniciativa xa que é a que máis tempo leva posta e supoño que, xa que somos moitos os que estamos polo mesmo, posiblemente haberá que concentrar o voto. Estou totalmente de acordo coa necesidad dotar de máis accesos viais ciclistas á cidade. A día de hoxe é un perigo andar por bici para ir a traballar. Ademáis aproveito para compartir que, na miña opinión, é imprescindible poder facer uso das bicicletas de BiciCoruña en calquera momento do día. Eu, que entro a traballar ás 7:30 da mañá non podo utilizar este servizo para ir ó meu posto de traballo. Nun principio, comprendín que as bicicletas non durmiran nas rúas para que non sufreran vandalismo pero agora, durmen nas rúas e non se poden usar. Non ten sentido ningún. Fora disto, felicitar a todas e todos o biciclistas e, en especial, ó a autor desta proposta. Noraboa pola iniciativa!

                  Ningún voto  | 
                  0
                  0
                  Sen respostas
                  • blazuki

                    La verdad que sería una maravilla poder ir desde la torre de Hércules hasta el Burgo por carril bici...

                    Ningún voto  | 
                    0
                    0
                    Sen respostas
                    • dambogo

                      Unha cidade moderna comomas de Europa onde a bici impere no casco urbano sen limites. Censura a coches. Prioridade a peons e bicicletas.

                      Ningún voto  | 
                      0
                      0
                      Sen respostas
                      • lulaga

                        Pois eu vou apoiar este proxecto porque estou chea de que anden as bicis a toda mecha polas beirarrúas, ás veces son un perigo para os peóns, a ver se con isto se soluciona o problema.

                        Ningún voto  | 
                        0
                        0
                        Sen respostas
                        • galego1906

                          Se sabe algo de la última fase? Decían que sería en septiembre , pero no hay información ni señales de nada

                          Ningún voto  | 
                          0
                          0
                          Sen respostas
                          Non hai fitos definidos