Volver

Instalación de pasos de peóns elevados

Marcos Pérez Pena Marcos Pérez Pena  •  20/09/2022  •  Toda a cidade  • 

pasopeonselevado.jpg
pasopeonselevado.jpg

Código proposta de investimento: 4013

O coche debe adaptarse ao espazo do peón e non ao revés. A instalación de pasos de peóns elevados -que comezan a verse nalgúns puntos da Coruña- facilitaría especialmente o tránsito das persoas con problemas de mobilidade e, ademais, axudaría a reducir a velocidade coa que os vehículos circulan no espazo urbano (hoxe limitada a 30 km/h na maior parte da cidade, aínda que isto non sempre se cumpre), co que se incrementaría a seguridade de peóns e peoas.

A Coruña debe apostar, como xa fan cidades coma Pontevedra, pola instalación sistemática de pasos de peóns elevados, especialmente naquelas rúas que cruzan barrios e nas que os coches aínda circulan a unha velocidade excesiva, como por exemplo a Avenida dos Mallos, a Rúa Noia, a Rúa da Merced, a Avenida da Concordia, a Avenida de Oza, a Avenida Salvador de Madariaga, a Avenida das Conchiñas, o Paseo deo Ronda ou a Avenida Gran Canaria.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ClaraVidal

    Eu apoio a túa proposta, mais creo que funcionaría moito mellor multar a quen se pase da velocidade. Cando queden sen euros, terán que vender o carro e xa non poderán atropelarnos.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • e_larcoruna

      Añadiría la avenida de Linares Rivas y Alfonso Molina. Es raro quien cumple la normativa de 50 Km en ciudad y menos la de 30. El viaducto parece proporcionarles el esquema mental de que están en una autovía y no en ciudad.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos