Volver

Cambiar as placas dos nomes das rúas por unhas de Sargadelos

pablo.otero pablo.otero  •  16/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Exemplo dunha vila galega (inspiración)
Exemplo dunha vila galega (inspiración)

Código proposta de investimento: 3908

O deseño das actuais placas cos nomes das cidades quedou desfasado. Algunhas teñen un claro deterioro.  Sería  unha boa oportunidade de ligarnos á nosa cultura apostar polo deseño local, encargando ás novas placas á Fábrica d Castro de Sargardelos en Sada. Serían brancas con letras dese azul tan característico de Sargadelos. 

Podería comenzarse a renovación pola Cida Vella e outras zonas de alto interese arquitectónico.

   

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos