Volver

Facilitar o aparcamento e tránsito rodado

mlausan mlausan  •  13/09/2022  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 3740

A peonalización dalgunhas rúas, chamada "humanización",  así como a supresión de prazas de aparcamento pola colocación de terrazas está a prexudicar tanto aos veciños como aos comerciantes do barrio, que teñen moitas dificultades para aparcar. Isto termina afectando á viabilidade do comercio, ao tender o posible comprador a desprazarse a centros comerciais e outras zonas onde pode aparcar con facilidade e tamén aos propios veciños do barrio, xa que moitos edificios construídos hai anos carecen de garaxes. Polo que é importante dotar de zonas e prazas de aparcamento a este barrio.  

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Si, sobre todo que se facilite o tránsito rodado das bicicletas e que ás bicis de BiciCoruña se lles poña cestas máis grandes nas que se podan levar as compras e haxa estacións de BiciCoruña nas rúas comerciais..

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos