Volver

Creación dun Monumento en honra a SAMUEL LUIZ e os seus defensores.

A. Martínez A. Martínez  •  30/09/2023  •  Toda a cidade  • 

Homenaxe a Samuel Luiz
Homenaxe a Samuel Luiz

Código proposta de investimento: 4564

Proponse a creación dun monumento, placa, escultura... en recordo, tributo e honra a Samuel Luiz, e ós seus defensores Ibrahima e Magatte, polo terrible crime acontecido na cidade, e que segundo a propia Fiscalía, ten vinculacións homófobas na motivación do mesmo.

Ese terrible suceso mobilizou non so á cidadanía coruñesa, que encheu a Praza de Maria Pita, senon a cidadáns de toda a xeografía española e do resto do mundo. 

Dende entón, móntanse altares provisionáis no aniversario do suceso, que alguén arrinca e retira.

Unha morte tan inxusta debe ter un recoñecemento público contundente por parte da cidade, e debe mostrar, coma un altofalante, que somos unha cidade que non tolera nin respeta estas situacións. A tolerancia, a xustiza deben ser os nosos estandartes e o rexeitamento á violencia e ás actitudes mais lesivas para a sociedade non poden tercabida na nosa cidade. 

E sobre todo, coma toda a historia, non debemos esquecer para que non se repita. 

Informe de custo

A proposta é técnicamente viable para a realización e instalación nunha ubicación adecuada, dunha obra artística en conmemoración de Samuel Luiz e os seus defensores.

Non hai fitos definidos