Código proposta de investimento: 4499
Devolver á cidade da Coruña e á cidadanía algún tramo do Río de Monelos, recuperándoo e renaturalizandolo, no marco da normativa vixente urbanística, ambiental e hídrica.
Máis info: Monelos River Revival.
Este río denomínase Monelos no curso baixo, xa na contorna urbana. No curso medio e alto cambia de nome, como río Mesoiro, rego de Campos... e finalmente cada regato ten un nome diferente. O Concello da Coruña redactou dous proxectos para a restauración ambiental dos tramos Fase 1 (dende o cemiterio de Feáns ata o núcleo de Feáns) e tramo Fase 2 (rego de Campos). Estase avaliando a posibilidade de facer actuacións de restauración ambiental noutros tramos, como sería a Fase 3 (Martinete) e nalgún outro xa en ámbito urbano. Estas actuacións requiren en moitos casos expropiacións nas zonas de servidume do dominio público e parcelas onde se pretenda crear zonas estanciais, de descanso e lecer. De acordo cos requirimentos que figuran na web dos Orzamentos Participativos 2023, quedan excluídas aquelas propostas que impliquen investimentos en solares ou terreos non municipais, sendo imprescindible expropiar para desenvolver accións deste tipo. Non obstante, é posible facer actuacións de pequena envergadura que contribúan de xeito simbólico a poñer en valor o río de Monelos e a súa relevancia na cidade.
Máis votados