Volver

Implementación de baños públicos autolilmpables por toda a cidade

yolisenharis yolisenharis  •  28/09/2023  •  Toda a cidade  • 

Exemplo de baño público, accesible e autolimpable
Exemplo de baño público, accesible e autolimpable

Código proposta de investimento: 4438

Actualmente, Coruña non dispón de suficientes baños públicos aos que poder acudir e as persoas teñen de entrar en establecementos ou bares a pedir pasar ao baño (Mapa de baños públicos da cidade). Non hai moito que, coa pandemía, ao estaren pechados os bares, cando as persoas podían saír a dar o paseo permitido víanse limitadas se tiñan a necesidade de utilizar un baño. Noutras cidades xa existen este tipo de baños públicos autolavables. No noso caso, a maioría dos baños públicos son os portátiles químicos. Folleto de modelos de aseos autolimpables

Informe de custo

É preciso dotas aos barrios dunhas instalacións hixiénicas moi necesarias. Existe unha gran parte da poboación de idade avanzada que reclama estes servizos para poder dispoñer de certa calidade de vida ao pasear pola cidade. Tamén os pais e nais de nenos e nenas pequenas reclámaos preto das zonas de xogos. A subministración e instalación dun aseo auto lavable ten un custo aproximado de 80.000€ a unidade, dependendo da localización que se elixa, pola distancia ás infraestruturas próximas que require (subministración de auga, saneamento e electricidade). Para o ano 2024 sería conveniente instalar 3 unidades que, engadidas ás 9 que xa existen e ás 3 pendentes de executar en breve, sumarían 15 aseos auto lavables cunha estética e características moi adecuadas para a cidade.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JCarlos.PM

    Moi boa iniciativa. Calquera persoa podemos necesitar usar este tipo de baños en calquera momento e non hai moitos en determinadas zonas da Coruña. Especialmente relevante é para as persoas maiores, nomeadamente os homes, pola problemática da próstata.
    Oxalá que obteña moitísimos votos e sexa financiada en grao suficiente!!!

    3 votos  | 
    3
    0
    Sen respostas
    • yolisenharis
      yolisenharis  •  Autor  •  25/10/2023 11:10:21

      Moitas grazas as persoas que apoiástedes a miña iniciativa e fixéstedes posíbel chegar a esta segunda fase. Ogallá o consigamos!

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • Rivarsal

        Oxalá se cumpla esta iniciativa, creo que é boísima

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos