Volver

Illamento da cúpula e arranxo das humidades do planetario da Casa das Ciencias

pawley pawley  •  27/09/2023  •  Toda a cidade  • 

Humidades no planetario da Casa das Ciencias
Humidades no planetario da Casa das Ciencias

Código proposta de investimento: 4421

Os Museos Científicos Coruñeses son unha das xoias culturais da cidade e reciben cada ano centos de miles de visitantes, mais o seu mantemento dista moito de ser óptimo. Un exemplo é a Casa das Ciencias, cuxa cúpula, que acolle o planetario, presenta evidentes problemas de humidades dende hai tempo na súa pantalla, como se aprecia na imaxe que achegamos. Esas humidades non son só unha cuestión estética, senón que alertan dun problema estrutural que hai que resolver canto antes para evitar males maiores. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío propón o illamento da cúpula e o arranxo das humidades da pantalla da Casa das Ciencias así como as melloras pertinentes para sacar o maior partido do anunciado cambio dos proxectores dixitais, co obxectivo de termos un planetario nas mellores condicións de calidade para toda a cidadanía coruñesa.

Localización: Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarida, s/n

Proposta en nome de: Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Informe de custo

A proposta foi valorada como técnicamente viable, orzamentándose en 300.000 euros.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JCarlos.PM

    O sistema de museos da Coruña cobra entrada e supoño que, ademais, terá ingresos do orzamento municipal. Suponse que os orzamentos participativos son para outra cousa....

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos