Código proposta de investimento: 4216
Proponse migrar de forma paulatina aquel software que sexa posible dentro do concello cara alternativas baseadas en software libre, co fin de seguir a campaña "Diñeiro Público, Código Público" https://publiccode.eu/es/
Esto permitiría ter unha maior independencia tecnolóxica, facilitaría que a comunidade tecnolóxica local colaborara para mellorar o software que utilice o Concello así como supoñería un aforro considerable en licenzas de software, evitando regalar innecesariamente o diñeiro dos cidadáns a corporacións transnacionáis que non aportan riqueza á cidade.
Proponse dividir a proposta en 2 fases:
- Análise e estudo das tecnoloxías existentes na actualidade dentro do Concello co obxectivo de identificar as aplicacións máis susceptibles de ser migradas como por exemplo os actuais equipos con Windows e tamén obter alternativas viables para a súa implantación.
- Implantación das alternativas libres baseándose no estudo anterior, así como implantación de programas de formación para os empregados municipais.
Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento.
"Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento" En cambio mercar licencias de Windows si que debe ser un investimento.