Volver

POÑER EN VALOR O CASTRO DE ELVIÑA E A SUA CONTORNA.

Lala Lala  •  25/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 4175

Darlle o sitio que merece o castro de elviña como elemento arqueolóxico turístico e crear un gran parque verde no seu arredor. Non nos sobran elementos de atracción para esta cidade, coidemos os que temos herdado.

Informe de custo

Dado o tipo de actuación, pouco doada polo nivel de protección do espazo, e a imposibilidade de traballar con maquinaria pesada ordinaria, precisaríamos o orzamento máximo de 1.000.000 euros para propostas de toda a cidade.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • f265e603-aaf3-41d1-9670-dd14597b557b

    Se os Castrexos resultarán ,votarían primeiro ter os camiños arranxados e aceras

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • jb

      Importante como é a conservación do castro, elemento simbólico e histórico da cidade, aínda é máis relevante que se aborde a creación dun pulmón verde ao seu arredor, con especies autóctonas, porque o concello ten unha carencia enorme de masa arbórea e este é un dos últimos redutos en que así se pode aínda mellorar un circuíto privilexiado para camiñantes e ciclistas, nomeadamente o Camiño de Campos para Feáns e outros tramos por tras do campus universitario. Ten o meu voto.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • IagoPV

        Se cadra, podíanse facer actuacións máis pequenas ao longo de varios anos, no canto de facer unha actuación tan cara e ambiciosa. Así hai un pouco para os demais e tamén un pouco para o castro dos nosos devanceiros.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        • 9b6315ef-0887-461a-9c00-5af96b730382

          Moi certo.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          Non hai fitos definidos