Volver

Praza-Lecer

2pa 2pa  •  20/09/2022  •  Distrito 2  • 

Plano cruce Santo Tomás con Vereda Polvorín
Plano cruce Santo Tomás con Vereda Polvorín

Código proposta de investimento: 4014

Recuperación do espazo existente entre as rúas Vereda do Polvorín e Santo Tomás (antigo comezo da Marola) para uso peonil:

No espazo triangular que delimita a confluencia das rúas Vereda do Polvorín e Santo Tomás, cumpre reducir a presenza de coches, nese espazo, temos unha superficie triangular que debe ser recuperada para uso peonil dando lugar a unha pequena praza.

Demandamos a intervención do Concello nesa zona, sen apenas presenza de espazos de lecer, que permita a integración da zona no elenco de espazos humanizados da cidade.

Localización: Intersección das rúas Vereda Polvorín-Santo Tomás

Proposta en nome de: Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules

Documentos (1)

Informe de custo

A reurbanización do entorno do cruce entre a rúa Santo Tomás e a rúa Vereda Polvorín en plataforma única, conseguirá o aumento da superficie peonil tanto de paso como de estancia, incluíndo zonas verdes e mobiliario urbano, así como a mellora das redes de saneamento, canalización municipal e a reposición dos servizos que puideran verse afectados.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 2pa
    2pa  •  Autor  •  21/09/2022 00:26:54

    Se precisan no barrio mais lugares de lecer.
    Agardo sexa executado para incrementar a listaxe de espazos humanizados.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • Sisu

      Muy de acuerdo con esta propuesta. Hay más de un cruce de este tipo en Monte Alto susceptible de peatonalizar para crear un área de descanso y juego, como la Plaza de San José, o la Ronda de Monte Alto con la Avenida de Navarra. Piden a gritos quitas coches y ganar en aceras con árboles.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos