Código proposta de investimento: 3653
Vimos de ver este verán que nos atopamos co barrio de Falperra completamente abandonado; coas zonas verdes convertidas en areeiros onde os animais fan os seus excrementos e se acumulan sen que ninguén os recolla, facendo que sexa moi desagradable camiñar por estas rúas (por exemplo Sinforiano López ou escaleiras da rúa Falperra a Rda. Nelle). As escaleiras mecánicas de Maestro Clavé non son unha excepción, onde as zonas verdes se atopan abandonadas e convertidas en fogar para gatos onde se acumula o lixo. Por todo isto, proponse arranxar as zonas verdes do barrio e prantar árbores nas rúas, unha maior limpeza nestas áreas, así como campañas de concienciación para os propietarios de animais.
Localización: Falperra
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.
Propoño unificar as seguintes propostas con esta, por tratarse todas de impulsar a humanización necesaria da Falperra: https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/3702, https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4164, https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4162, https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/3691.
As escaleiras de Maestro Clavé están sucias, sen vexetación, cando vai calor con un olor insoportable a excrementos......Unha pena!!
E, en xeral, estaría ben plantar máis árbores na zona