Código proposta de investimento: 3577
A rúa Salgado Somoza é unha rúa estreita que carece de beirrarrúas para uso dos transéuntes, apenas conta cunha trazado no chan que en moitos casos é insuficiente para a seguridade dos viandantes, nun tramo que é utilizado por moitos escolares por tratarse dun punto de acceso ao CEIP de Zalaeta e no que os vehículos incorporanse a moi alta velocidade sen respectar a proximidade de dúas zonas escolares e a cercanía dos portais dos residentes. O asfaltado da rúa está en condicións pésimas, sería necesario un pavimentado novo. A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela, cunha boa sinalización ou ben instalando bandas rugosas.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.
Le hace falta un arreglo en condiciones