Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

HUMANIZACIÓN DA AVENIDA DE HÉRCULES

23/09/2021  •  xoanrivero  •  Distrito 2

Humanización de toda a Avenida de Hércules con plantación de árbores en alcorques entre as prazas de aparcamento dos coches, da mesma maneira que na rúa Fernández Latorre.

60.000 €
Acceso rúa San Lorenzo

Levantamento de beirarrúa na rúa San Lorenzo

03/10/2021  •  Comunidade de veciños de San Lorenzo 10  •  Distrito 2

Ola. San Lorenzo é unha rúa estreita duns 90 metros de longo, composta na súa maioría por edificios antigos e pintorescos en constante reforma. Desdobla o tráfico das rúas Andrés Antelo e Miguel Servet cara a rúa Tui, polo que básicamente úsase como atallo ou aparcamento para entre 15 e 20 vehículos.

Ao non ter beirarrúa, estes aparcamentos prodúcense de forma irregular, polo que moitas veces os vehículos quedan demasiado pegados aos edificios e dificultan a entrada e saída dos portais, así como a circulación peonil por un espacio seguro entre os coches é as casas. Non ter beirarrúa repercute tamén na limpeza, que é deficiente, e na circulación das augas pluviais que corren ata un desaugadoiro da rúa Tui. O aparcamento irregular dificulta tamén a entrada de vehículos de emerxencia, especialmente no seu primeiro tramo, onde unha cornixa non permite pasar, por exemplo, aos camións de bombeiros.

Por estas razóns propoñemos o levantamento dunha beirarrúa estreita, que regule o estacionamento, canalice as augas e garante os accesos aos portais e o paso seguro, así como o acceso dos vehículos de emerxencias.

Os veciños estamos a facer un grande esforzo por reformar os nosos edificios e darlle a rúa unha nova vida que pensamos que merece, e por iso pedimos o teu apoio para a nosa proposta. Graciñas!!!

 

 

150.000 €

Humanización rúa Vereda Polvorín con Rúa Santo Tomás

26/09/2021  •  pablo.otero  •  Distrito 2

Na praciña que se forma na rúa Vereda Polvorín coa Rúa Santo Tomás, podería humanizarse con máis e mellores zonas verdes, bancos, novos puntos de recollida de vidro e papel e unha estación de BiciCoruña. Coa humanización, reduciríase a presenza dos coches e gañarían protagonismo os peóns.   

150.000 €

PRANTAR ÁRBORES NA RÚA DA TORRE

03/10/2021  •  JOSEG  •  Distrito 2

A Rúa da Torre, entre o Campo de Marte e a Praza de España, trala última reforma dispón de beirarúas amplas acorde coa súa importancia como eixo comercial e de comunicación do barrio de Monte Alto. Nembargantes, ao contrario do resto da rúa, este treito carece de árbores, algo que melloraría a súa calidade urbanística e medioambiental, nun barrio xa de por si carente de espazos verdes.

35.000 €