Volver

Máis zonas verdes

laur laur  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2825

Propoño crear máis zonas verdes na cidade, con abundantes arboredos e áreas de descanso para disfrutar de estar ao aire libre.

Informe de custo

A proposta foi considerada VIABLE polo equipo técnico en base ao seguinte informe: "Trátase dunha petición que, aínda que sen localización específica, focalízase na creación de novas zonas verdes dentro da cidade, polo que a valoración do custo de toda a operación resulta imposible 'a priori' e require de xestións máis complexas relacionadas co plan. A presente estimación cínguese exclusivamente aos custos de urbanización necesarios para acondicionar un terreo para o seu uso como zona verde. Parámetros considerados para o establecemento dun prezo medio "tipo": - Terreo libre de construcións. -Topografía suave e condicións edafológicas aptas para o crecemento vexetal Outras consideracións implicadas no valor unitario: - Calibres mínimos para arboledo: 14/16 en parques ou zonas verdes urbanas e 12/14 en zonas pouco accesibles. - Outras calidades do arboledo: preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidades... - Sistemas de plantación: volume de plantación maior a 2 m3, utilización de ancoraxes, drenaxes, mellora do subsolo se fose necesario, dotación de sistemas de rega O orzamento máximo dun millón de euros permitiría a adecuación dunha superficie de entre 5.000 e 10.000 m2 de zona verde. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.

Non hai fitos definidos