Código proposta de investimento: 2813
A idea é establecer os mecanismos para manter unha rede permanente de doazóns, recollida, revisión e entrega de bicicletas utilizando recursos e persoal do concello. Custe cero e implantación gradual.
Neste proxecto traballarán varias seccións de distintas concellerías (Servizo de Mobilidade Urbana, Servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Servizo de Medio Ambiente, Servizo de Emprego e Empresa, Servizo de Acción Social…), cidadanía (como doantes), Comercio Local (tendas e talleres de bicicletas), Asociacións de Comerciantes, Asociacións de veciños, ONG’S...
Trátase de dar un servizo a cidadáns que o precisen cedéndolles gratuitamente unha bicicleta para os seus despraazamentos pola cidade. O proceso sería o seguinte:
Se establecen 3 niveis de actuación:
Educar na reciclaxe, reutilización e reparto de recursos e na economía social.
Incentivar o uso da bicicleta como ferramenta para humanizar a cidade.
LABORAL e COMERCIAL:
Incentivo do comercio local con convenios e campañas nos barrios.
Reinserción laboral con talleres de formación na mecánica de bicicletas. (Escola Taller Mecánica da Bici).
REINTEGRACIÓN e SOLIDARIDADE:
Dotar as persoas sen recursos dun medio de transporte efectivo e económico.
Ningunha rapariga nin raparigo sen bicicleta.
Mobilidade autosuficiente, económica e sostible.
Proposta en nome de: MOBI-LIZA, asociación por unha mobilidade responsable
Lamentamos comunicarlle que a súa proposta, tal e como está concebida, trátase dun servizo que podería implantar o Concello pero que non supón un gasto de investimento, senón un gasto corrente, polo que non pode ser considerada Viable. Non obstante, se fai chegar ás Concellerías que poderían ter a responsabilidade, por si estiveran interesadas en implantar o servizo. Moitas grazas pola súa participación.
moi ben, favorecendo a mobilidade sostible