Código proposta de investimento: 2788
A zona do Ventorrillo precisa unha remodelación. Son moitos os nenos e nenas que fan uso do parque infantil do Ventorrillo que se queda escaso. Precisa ampliar a zona de xogos con algúns que sexan aptos para maiores de 7 anos, que chegan alí e non saben que facer senon subirse aos altos e agocharse entre os moitos recovecos de por alí.
Tanto a Praza de Salvador de Madariaga como zonas anexas ao propio parque infantil do Ventorrillo, están desproveitadas e en desuso por carecer de atractivo para a veciñanza. Propoño instalar zonas a cuberto con mesas e bancos onde resguardarse e a modo de merendeiros, un carril bici, patin, patinete...que enlace desde o parque do Ventorrillo até a praza de Salvador de Madariaga (motivando deste xeito o uso da mesma, isto sen esquecer que precisa de presencia policial que axude a perder o medo...), uns aseos públicos, habilitar zona canina.
Investir na mellora das pistas deportivas que existen nos arredores
A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.
Máis votados