Volver

MELLORAS NO POLIGONO DA GRELA: paso elevado, bus, carril bici, senda peonil...

vpv vpv  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2781

Trátase dunha extensión importante de terreo dentro da cidade, na que un alto porcentaxe da cidadanía acude a diario.

Incido na necesidade de construír unha pasarela peonil que comunique a zona comercial Marineda co Polígono da Grela.

É importante reorganizar as liñas de bus urbano para reducir a alta porcentaxe de desprazamentos en coche particular, e o colapso nas zonas de estacionamento.

Ademais dos cidadáns que acuden por motivos de traballo, tamén existe un alto porcentaxe de viandantes que o fan por cuestións de saúde e ocio.

O percorrido desde o Ventorrillo cara a Grela, chegando ao Centro Municipal de Empresas e volta, incluso ampliando o seu circuíto por Vioño até dar a volta e regresar ao Ventorrillo.... está sendo unha ruta interxeracional máis que habitual para a veciñanza dos barrios lindeiros, durante tódalas épocas do ano.

 

A inversión que propoño, ademais do exposto anteriormente, vai encamiñada a:

- crear un carril bici que ademais de facilitar o desprazamento dos traballadores/as do Polígono, tamén sirva como alternativa de ocio e saúde para o resto da veciñanza: para as familias que saian de ruta cos seus fillos/as sen necesidade de desprazarse por estradas até chegar ao carril do paseo marítimo; para os deportistas que pretendan facer un adestramento; para os propios/as traballadores/as do Polígono...

- crear unha senda peonil engadindo, nalgunha parte do tramo, a construción dun parque biosaudable no que complementar o exercicio de adestramento ou rehabilitación dos viandantes.

 

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE polo noso equipo técnico en base ao seguinte informe: "O polígono da Grela é unha zona frecuentada activamente polos cidadáns debido aos servizos que ofrece. Ademais do acceso en vehículo particular ou autobús, preténdese fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte habitual. É por iso que a implantación dun carril bici é unha mellora óptima orientada a este fin. A demolición do pavimento actual e formación dun carril bici accesible e ciclable é aproximadamente de 80 euros por m², o que supoñería a realización de máis de 5.000 m de carril bici. Doutra banda, o viario de conexión que existe entre a área comercial Marineda City e o Polígono da Grela é de titularidade autonómica. Na actualidade, a Xunta de Galicia xa ten en fase de redacción un proxecto para a realización dun paso elevado que permita o acceso dun punto a outro peatonalmente. En relación á senda peonil o concello ten previsto utilizar os terreos do actual oleoducto a tal fin en canto éste deixe de estar en uso. A instalación dun parque de 6 unidades de biosaudables estímase en 9000 euros." Dámosche as grazas pola túa achega aos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa participación no vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos