Volver

Creación de zonas naturalizadas en espacios verdes.

salebas salebas  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2774

Creación de corredores naturalizados en espacios verdes que permitan nichos ecolóxicos para especies autóctonas tanto vexetais como animais. Carteles explicativos nestas zonas para explicar o interés e a necesidade de conciliar a cidade coa biodiversidade.

Informe de custo

Esta proposta, considerada VIABLE polo equipo técnico municipal, é moi xenérica dende o punto de vista orzamentario, pois leva gastos diversos asociados á sinalización e á cartelería e, quizais, algunha dotación de arbustos da familia das rosáceas de froito (moras, framboesas, grosellas...). A creación de corredoiros naturalizados dentro de espazos verdes, máis que requirir un custo adicional, supón unha diminución do orzamento destinado a mantemento, pois se entende que o mellor xeito de revertir zonas moi axardinadas a unha situación máis naturalizada e ecolóxica pasa por diminuír a presión da intervención humana. Agradecemos a túa contribución ao programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración no vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 34899359

    Temos que pensar nos postos de traballo que se perderían no eido da xardinería, unha das saídas profesionais máis importantes para colectivos como as persoas con discapacidade, inmigrantes, etc.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos