Volver

BIBLIOTECA ESTUDOS FEMINISTAS E DE XÉNEROS E ORIENTACIÓNS DIVERSAS

lrf lrf  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2773

Reforma e adaptación como biblioteca de parte do espazo dispoñible e sen aproveitar no edificio do antigo Goberno Militar, no que actualmente está situado o Centro Cívico Cidade Vella.

 

Esta biblioteca estará orientada a Estudos Feministas de de Xéneros e Orientacións Diversas, polo que se dotará de fondos bibliográficos e audiovisuais relacionados con estas materias. 

A biblioteca formará parte da rede Municipal de Bibliotecas co que os veciños do barrio contarán con este servizo, podendo solicitar o resto de fondos dos que consta a rede.

Situar a cidade na vangarda habilitando un lugar con medios propios e soporte para a realización e profundización do estudo nestes ámbitos.

Informe de custo

O custo estimado total desta proposta de investimento, que se considera VIABLE, sería de 510.000 euros, co seguinte desglose: - Obras de reforma e acondicionamento do edificio: 330.000 euros (calculado para unha superficie de 600 metros cadrados -superficie mínima necesaria, aínda que notablemente inferior aos 1560 metros cadrados recomendados pola FEMP- e un prezo de 550 euros metro cadrado). - Equipamento, mobiliario e sinaléctica: 120.000 euros. - Fondos bibliográficos e documental: 60.000 euros (por tratarse dun centro de nova apertura, pode ser contabilizado como un investimento). Moitas grazas pola túa colaboración e esperamos contar coas túas propostas na seguinte edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • sara_bello

    Xenial! Apoio totalmente a proposta. Aínda que non teña os votos suficientes para saír por esta vía, estaría xenial que se recollese a idea e se levase a cabo.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos