Volver

Mellora e do Castro de Elviña

ilmarino ilmarino  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2757

Acondicionamento e posta en valor do Castro de Elviña

Informe de custo

Esta proposta foi considerada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "O Servizo de Cultura iniciou este mes o proceso de licitación da última fase das obras de escavación e consolidación do xacemento arqueolóxico de Castro de Elviña, contempladas no Proxecto Artabria. As obras teñen un orzamento de licitación de 824.777,61 € (IVA incluído) e contemplan a ampliación dalgunhas áreas de escavación e a consolidación da totalidade das estruturas descubertas nas campañas de escavación realizadas ao longo dos últimos anos. Paralelamente, o proxecto de orzamentos municipais para o exercicio 2017 do Servizo de Cultura contempla as seguintes aplicacións: - 227.06 Plan Director do Castro de Elviña: 42.000,00 euros - 227.99 Contrato de mantemento da vexetación do Castro de Elviña: 30.000,00 euros O Castro de Elviña conta xa cun plan director e un plan de musealización. Porén, dado o tempo transcorrido desde a súa elaboración e as transformacións producidas no xacemento e o seu entorno desde entón, semella recomendable realizar cando menos unha readaptación dos mesmos. Ademais, ambos documentos baséanse na construción de grandes equipamentos culturais, cun custo superior aos 20 millóns de euros, cando o actual escenario económico parece aconsellar outras alternativas mais económicas e sostibles. A finalización das obras de escavación e consolidación, durante o segundo semestre de 2017, e a elaboración do novo plan director deberían permitir abordar a partir de principios de 2018 a execución do proxecto de musealización, incluíndo a instalación dun centro de recepción de visitantes, a adecuación dos accesos, a construción dun área de aparcamento, a posta en marcha dun plan de difusión e a apertura do parque en horario diúrno para o disfrute da cidadanía. Dado que a execución do proxecto de musealización e a instalación do centro de recepción de visitantes están supeditadas a finalización das obras de escavación e consolidación e a elaboración do novo plan director, este Servizo considera que non poderían executarse ata inicios do exercicio 2018. Polo tanto, a actuación que cabería acometer en 2017 sería a substitución do peche perimetral do recinto. O cambio do peche perimetral: a retirada dos 3225 metros de valado metálico provisional existente e a colocación dun novo peche de madeira (pois polo Plan Especial non pode ser metálico) cun custo aproximado por metro de 280 € suporían un total de 931.000,00€". Agradecemos a túa colaboración neste programa de Orzamentos participativos e esperamos contar coas túas achegas na vindeira edición.

Non hai fitos definidos