Volver

Mellorar seguiridade dos pasos de peóns na cidade

sabela6 sabela6  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2674

Facendo sobresaír a beirarrúa ata quedaren a nivel dos coches aparcados. Moitas veces quen conduce non pode ver a quen espera para cruzar debido aos coches aparcados, e viceversa, non podes ver se veñen coches dende a beirarrúa e tes que meterte na calzada. Ademáis, ensancharía lixeiramente ese saínte, para evitar que os coches aparcados cubran o paso quitando visibilidade. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • avalde

    Añadiría la necesidad de mejorar la iluminación.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • frabike

      Moi boa idea, estou de acordo e pode evitar moitos accidentes, pola escasa ou nulo visibilidade, que hay as veces por mor de coches en dobre fila ou furgonetas nas proximidades,
      dos pasos.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • Antoniov

        moi necesario

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos