Volver

Plataformas para transporte de bicicletas nos autobuses

9086 9086  •  18/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2601

Dadas as condicións orográficas da nosa cidade, os que vivimos en zonas altas e afastadas facemos un menor uso da bicicleta nos desplazamientos diarios, polo que propoño a instalación de plataformas na parte dianteira dos autobuses da Compañía de Tranvías que permitan subir nelas as bicicletas facilitando o retorno do centro cara as zonas altas.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que a súa proposta non pode ser considerable Viable, por tratarse dun investimento en bens afectos a unha empresa concesionaria do Concello, que por iso non pode ir a cargo dos orzamentos municipais. De tódolos xeitos, imos trasladar a súa achega á Compañía de Tranvías para que poida valorar a incorporación deste tipo de plataformas para transportar as bicicletas no seus autobuses. Dámoslle as grazas pola súa proposta e esperamos que poida ser tomada en conta pola empresa.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Antoniov

    e necesario fomentar a intermodalidade e o uso da bicicleta

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • galego1906

      Yo también pensé esta propuesta, pero no sé cómo serían los soportes y su comodidad en el uso diario. Hay algún ejemplo de un autobús ya con este sistema en otras ciudades?

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos