Código proposta de investimento: 2550
Enlace do carril bici que remata no pobo de Mesoiro ata Novo Mesoiro, este tramo habría que traelo de onde remata este carril ata o barrio e subilo pola avenida de Novo Mesoiro, pasando pola rúa Ancares ata a rotonda que hai antes do Centro Cívico ( zona deportiva do barrio).
La existencia dun carril bici que enlaza a Universidade e remata no pobo de Mesoiro, deixando orfo o barrio que máis nen@s ten en idade escolar de poder disfrutar destas instalacións, non ten lóxica ningunha. Se a isto sumalle que para acudir hai que levar o coche ata ali e non hai onde aparcar fai que case ninguén use este carril bici.
Por iso sería interesante o enlace co noso barrio, e que leven este carril ata a zona deportiva do bario situada na rúa Ancares.
Proposta en nome de: AVV NOVO MESOIRO
A proposta considérase VIABLE polo noso equipo técnico, en base ao seguinte informe: "Actualmente existe un carril bici de dobre sentido que conecta o núcleo de Mesoiro co campus da Universidade. A proposta expón a conexión deste carril bici con Novo Mesoiro cun primeiro tramo de aproximadamente 215 m que discorren pola estrada DP 512 de titularidade provincial, un segundo tramo de 525 m que ascende ata Novo Mesoeiro pola rúa Illas Sisargas e un último tramo de 445 m que pasa polo centro de saúde e o polideportivo e remata no centro cívico. O Concello non ten competencia sobre a DP 512 polo que, en primeiro lugar, habería que consultar coa Deputación a posibilidade de poder incorporar neses primeiros 215 m un carril bici de dobre sentido pola marxe dereita en sentido Feáns. Dadas as características da vía, tería que tratarse dun tramo de vial acougado. O carril bici entre a glorieta de incorporación á rúa Illas Sisargas e a situada no cruzamento entre a Avda. Novo Mesoiro e a rúa Ancares no seu primeiro tramo (aproximadamente 150 m), por falta de espazo, debería facerse convertendo a zona xa acougada nunha ciclovía que dese paso ao carril bici propiamente dito no punto no que comeza a zona de estacionamento de vehículos. Substituiríanse as zonas de aparcadoiro en batería por un carril bici de dobre sentido e unha banda de aparcadoiros en liña. Os cruces coas incorporacións ás zonas de aparcadoiros solucionaríanse mediante a incorporación do carril bici ás beirarrúas actuais por medio de ramplas e elevando os pasos de peóns." Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos participativos e esperamos voltar contar coas túas propostas no vindeiro ano.
Ese carril bici, también debería continuar por el polígono de pocomaco , llegando hasta la carretera que sube hacia Novo mesoiro. Así también se podría utilizar para ir a trabajar y los vecinos de la parte más alta de Novo me sonrió tendrían que subir menos cuesta con la bici.
totalmente de acuerdo
Totalmente de acuerdo también
O problema é que o polígono de POCO MACO é privado.
+1