Código proposta de investimento: 2534
Instalación de paneis informativos nas principais interseccións, prazas, nodos de transporte, atraccións turísticas da cidade, etc. nos que se informe do tempo real que leva facer os recorridos entre eles a pé ou en bicicleta.
Tomando como partida o bo exemplo doutras cidades do país (Pontevedra, ver enlace), na que a implantación deste formato foi un rotundo éxito na mellora da súa mobilidade, pódese elaborar para a nosa cidade un similar.
Estou seguro, vendo os hábitos dos veciños da cidade, que non moita xente coñece que entre a Palloza e a praza de Lugo pódese chegar en 10-15 min con un paseo agradable, por poñer un exemplo.
Ademais penso que sería un complemento idóneo nas inmediacións das estacións de Bicicoruña.
A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.
Moi boa idea. Ás veces da preguiza ir a pe ós sitios, pero unha vez te pos a andar, chegas case sen decatarte.