Volver

Transformar o Remanso en Escola Infantil Municipal

lbv lbv  •  14/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2525

O local do Remanso fica abandonado trala suspensión da concesión e o suspenso de proceso de licitación para a súa transformación nun "kiosco cívico", segundo o proxecto previo. Estudando o mapa da Rede de Escolas Infantís Municipais, obsérvase o absoluto baleiro de servizo que hai entre o Castrillón ata Monte Alto, sen que a zona centro dispoña de ningunha escola.

Tendo en conta que o local se atopa nunha zona verde -e cun parque infantil cruzando unicamente unha estrada que podería servir de patio-, e as necesidades deste servizo na zona, creo que debería  aproveitarse a oportunidade. Tomando como referencia a obra de construción da Escola Infantil da Agra do Orzán, o custo podería rondar os 740.000 euros.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lrf

    Moi boa proposta

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • fernando-pi

      Apoio a proposta; Só hai algo mellor que unha escola, moitas escolas. Na miña opinión iso debería afrontalo o goberno municipal. Descoñezo se teñen pensado algo para ese espazo, pero dende logo a idea é excelente. O único pero: Debe facerse cos orzamentos xerais, non creo que chegue a cantidade disposta nos orzamentos participativos.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • betty

        muy buena propuesta, se me ocurre también que se podría utilizar el pseudocentrocivico del Parque de Santa margarita, es fundamental que cada barrio/distrito cuente con escuelas infantiles municipales

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos