Código proposta de investimento: 2459
Mellorar a equipa así como ampliar a cantidade de salas de ensaio nos Locaisdensaio, para así fomentar a aparición de novos grupos na cidade.
Unha sala específica para maiores de 30 (hai queixas de que se teña abandonado a todo o que non sexa xoven), mellor equipa de grabación (a calidade da actual é mellorable), renovación de material de ensaio (hai salas nas que un ampli novo ou novos taburetes poderían mellorar a calidade dos ensaios)... Son entre outras ideas que poderían caer nesa partida para darlle un lavado de cara aos locais.
A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.
boa proposta, sobre todo polo dos 30 anos