Volver

MIcro-Certamen A Coruña

calzupas calzupas  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2450

Propoño un Certamen que comprenda duas actividades cultarais que precisan empuxe por parte das administracions e a un tempo achegalas a o gran público. Os curtos cinematográficos por unha banda e o Microteatro po la outra. Sería un moi interesante espazo de encontro entre creadores de distinto xénero pero que sen dúbida daría moita actividade e vidal cultural a unha cidade sempre aberta a experimentar. Podería ser tan so en duas xornadas (de ahi o de Micro-Certamen) cada unha das cales acollería unha das actividades a concurso.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a súa proposta, pero temos que comunicarlle que non cumpre con varios dos requisitos que esixe a normativa para considerar un gasto como investimento, que son os seguintes: "Os investimentos teñen que reunir as seguintes características: a. Que non sexan bens funxibles, é dicir, que non se consuman co uso. b. Que teñan unha duración superior ao exercicio orzamentario, 12 meses. c. Que sexan susceptibles de inclusión en inventario, sendo este unha relación detallada, ordenada e valorada dos elementos que compoñen o patrimonio. d. Que sexan gastos que previsiblemente non sexan reiterativos." Polo tanto, debemos declarala inviable. Animámolo a que a reformule a súa proposta ou a que presente unha de acordo cos límites que a normativa nos impón e que pode consultar na seguinte ligazón: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1

Non hai fitos definidos