Volver

App "Cidade Amigable cos Animais"

Libera! Libera!  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2427

Cada vez máis municipios en España apostan polo desenrolo de políticas públicas de benestar e protección dos animais, incluíndo nestes contidos unha aposta polo turismo accesible cos animais e fomentando a convivencia responsable.

A partires do modelo de 'Smart City' a cidadanía terá acceso a unha aplicación de mapeo e información 'con valor engadido' e os visitantes con animais domésticos saberán onde aloxarse, en que lugares de restauración cear ou en qué comercios son máis amigables cos cans.

>> Qué propoñemos? Elaboración dunha App de guía que localice os establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da Coruña que admiten o acceso de animais domésticos, así como as propostas do Concello neste eido: Áreas de esparcemento, praias, políticas locais de sensibilización, normativa, etc.

Proposta en nome de: Asociación Animalista Libera

Informe de custo

Para atender a esta proposta, que é VIABLE tecnicamente, pódese crear unha aplicación específica ou integrala na aplicación Coruna Aberta como unha ligazón de interese. O maior custo da aplicación sería a recompilación dos datos iniciais e asegurar o mantemento posterior da base de datos para evitar a obsolescencia (unha solución ao mantemento sostible sería incluír o “mantemento colaborativo”, de xeito que os propios usuarios poidan informar de novos lugares, comercios, etc.). A estimación baseouse na experiencia de contratación doutras apps municipais (App Eventos, App Visitas Guiadas Turísticas, Coruna Aberta), xunto coa problemática asociada ó mantemento da información. Moitas grazas por colaborar no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • edcagigao

    Moi boa idea!

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • conchi_lv

      ¡Me parece una muy buena idea! Yo he trabajado en una librería, y en mi turno dejaba entrar a los clientes con sus mascotas, cosa que agradecían muchísimo, además de crearse un vínculo mayor con tus clientes, porque todo lo que se comparte, une.
      Es ideal poder coordinar el paseo con las compras, o con entrar en un bar, etc. todo en el mismo plan.
      Yo misma tengo un proyecto de negocio, en el que por supuesto, las mascotas y sus dueños, podrán venir juntas. :-)

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • trotsky

        Parece que os amigos de Libera non están moi o día coas novidades do seu sector. Isto XA EXISTE cunha app chamada "SrPerro" está disponível tanto para iOS como Android ademáis da páxina web. Sería bo non utilizar cartos públicos para financiar ideas que xa se levaron a cabo (e de forma exitosa) e empregalos en propostas verdaderamente novidosas e apremiantes.

        2 votos  | 
        1
        1
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • Libera!
          Libera!  •  Autor  •  13/07/2016 10:28:04

          Existen aplicacións semellantes á que describes máis ningunha inclue a relación de espazos públicos, algo no que traballa o Concello dende hai un ano, nen o catálogo de normativa que rexe a tenza e protección dos animais e a convivencia cidadá cos mesmos. Por iso esta proposta vai máis alá de ser un mero mapa de bares para converterse nunha ferramenta de sensibilización. Saúdos!

          2 votos  | 
          1
          1
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
          • trotsky

            Mapa de bares? por favor tomes por parva á xente... categorías da APP: canguros caninos, praias e encoros, hoteis, bares, tiendas perrunas, paseadores, perruquerías, veterinarios, educadores, transporte, ocio, pienso e complementos, terrazas, fotógrafos caninos, parques, refuxios... podo seguir? POR FAVOR NON GASTEMOS CARTOS EN INICIATIVAS QUE XA EXISTEN, grazas pola túa idea pero A Coruña non necesita esta app, se realmente queres aportar envialle aos de SrPerro a normativa de tenza porque todo o demais é perde-lo tempo.

            1 voto  | 
            1
            0
            Sen respostas
        Non hai fitos definidos