Código proposta de investimento: 2401
A Asociación OZA-Gaiteira Os Castros cree que as posibilidades do parque como lugar de esparcemento non están totalmente desenvolvidas.
Con poucas melloras nos espazos vexetais e cunha reorganizacion
dos usos poderíase chegar a obter un parque máis acorde cunha xestión sotenible dos
espazos verdes coas ás necesidades de esparcemento dos veciños.
Propoñemos unha serie de renovacións de acorde con estes principios.
PROPOSTAS A finalidade principal desta proposta é de propoñer unha serie de iniciativas que poden mellorar a calidade dos espazos vexetais (a nivel de uso e de biodiversidade) do parque San Diego a través de pequenas intervencións. Propoñemos seis puntos moi concretos: (1) Reducir o espazo en céspede e aproveitar a pente do parque para introducir unha pradería. Esta estratexia permite de animar o noiro a través de diferentes elementos: o tipo de sementeira, o modo de xestión, as plantacións adxacentes ou a topografía.
(2) Mellorar a sinalización do ‘Arboreto’ de maneira que todas as árbores sexan etiquetadas para informar aos visitantes.
(3) Densificar e reestruturar a trama das árbores para crear espazos con usos diferentes e para engadir mais diversidade nas especias.
(4) Animar o espazo ao pé del muro de pedra a través de plantas que poidan medrar apoiándose no muro e que engadan colorido e animación a este espazo en sombra.
(5) Facer das areas de céspede -na actualidade non teñen uso definido e a súa concepción non invita a ser utilizados- espazos de repouso e de pícnic.
(6) Crear talleres de participación e información-conxuntamente entre a asociación e os servicios de espazos verdes do concello- có obxetivo de informar sobre as melloras do parque a veciñanza
Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Para a valoración global desta proposta, que se estima VIABLE, efectuáronse as seguintes estimacións con respecto aos diferentes apartados: 1. Ante a ausencia de cuantificación do alcalce da proposta, suxírese a transformación dun 20% da área que na actualidade recibe un tratamento de céspede intensivo e o seu paso a pradeira (o prezo de execución material neste caso é moi variable segundo se opte por unha diminución paulatina do mantemento das zonas elixidas deixando que a natureza faga o resto; ou ben, levantar a área de céspede, labrar o terreo e sembrar semente de pradeira. Así os custos poden variar entre 0 e uns 18.700€. 2. Sinalización e/ou etiquetado das árbores con placas informativas: consideráronse unhas 30 pranchas de aceiro inoxidable gravadas, incluíndo colocación e sistemas de fixación (execución material aprox. 6.600€). 3. Densificar trama de árbores (non se considera a reestruturación se como tal implica o transplante de árbores xa arraigadas): calculouse unha densidade de unha árbore por cada 100m2 de zona verde libre. Valórase unha plantación de 75 unidades máis, destinando para iso a cantidade de 32.000€ de execución material. 4. Para a plantación de trepadoras no muro, a unidade cada 1,5 ml, o custo da execución material ascendería a uns 1.740€. 5. As áreas de céspede non teñen ningún uso definido pero tampouco prohibido, é dicir, que calquera uso normal que non deteriore en exceso a superficie é posible; e, nun principio, se se quere a maior diversidade dos usos, non se deberían instalar elementos que restrinxan eses usos (p.e.: xogos de pelota por parte dos nenos); con todo, se o que se pretende é primar uns usos sobre outros, en especial o descanso e o “picnic”, poderíase dotar de mobiliario (tumbonas, mesas, cadeiras), aínda que se poden acadar os mesmos fins sen a instalación de elementos específicos. Orzamento de execución material para o subministro e colocación de mobiliario para unha cantidade aproximada de 10 unidades, a partir de 12:000€. 6. O apartado de creación de talleres non se valora por non tratarse dun investimento. O custo total indicado na ficha é a estimación do valor incluídos gastos xerais, beneficio industrial e IVE, e trátase dunha aproximación pois require da súa concreción nun proxecto técnico. Agradecemos a túa colaboración neste programa de Orzamentos participativos e esperamos contar coas túas achegas nas vindeiras edicións deste programa.
Es una pena la situación en la que se encuentra el Parque de San Diego. Es un espacio magnífico pero muy deteriorado y, a mi parecer, mal aprovechado.
Y que se arreglen los desperfectos que producen los camiones de feriantes (cesped, carril bici, etc) durante las fiestas del barrio
O estanque non está totalmente vallado e é un perigo para os nenos