Volver

Solucionar a inseguridade na rúa Perpendicular Avenida Monelos (Eirís)

psanxiao psanxiao  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2378

O paso de peóns da Avenida de Monelos a altura do cruce coa rúa Perpendicular Avenida Monelos é un problema de seguridade para os peóns pola mala visibilidade e o alto volume de tráfico que ten unha rúa estreita e sen beirarrúas. Ademais os problemas de tráfico son frecuentes xa que aínda que é de sentido único o veciños poden entrar en contrasentido para os garaxes.

Deberíase cambiar o sentido da rúa ou facela peatonal permitíndo só a entrada aos garaxes, xa que hai alternativas para o tráfico como se ve na documentación adxunta. O custe para os presupostos é ridículo xa que podería supoñer unha sinal e pouco máis.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • antonioprado

    Xunto con isto, sinalizar correctamente nos arredores do CHUAC as mellores alternativas de saída que inclúan que, aínda que o coche esté cara Curramontes hai posibilidade de baixar cara o parque polo lateral do aparcadoiro, evitando que teñan que facer a ruta cara a Perpendicular á Avda. de Monelos.

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • psanxiao
      psanxiao  •  Autor  •  10/06/2016 10:22:43

      Totalmente de acordo, dende o CHUAC hai moitas alternativas de saída que non se coñecen tanto, ademais para saír cara Monelos, a avenida da Madosa é moito máis cómoda.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • Antoniov

      millor peonalizar, os coches xa teñen demasiado espazo

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos