Volver

Prolongación da rúa Ágora ata a 3ª Rolda para disminuir o tráfico no Pavo Real

A. Martínez A. Martínez  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2366

O futuro polígono de Visma, ubicado entre a Terceira Ronda e o Ventorrillo contempla a prolongación da rúa do Ágora ata a Rotonda sen conexións existente na Terceira Ronda (preto da rotonda do pavo real). Esta conexión permitiría desviar parte do tráfico  cara outros puntos da Ronda de Outeiro, O ventorrillo, Mariñeiros e San Pedro de visma. Deste modo o volume de trafico disminuiría sensiblemente sobre a rotonda do Pavo Real e conectaría de forma mais directa os barrios mencionados.

 

Informe de inviabilidade

Agradecemoslle a súa proposta e ainda que esa conexión que propone Vde. está prevista para ser executada xunto co desenrolo do Polígono de Visma, cando se aprobe o proxecto de urbanización-, deberá ser executado polos propietarios do polígono. Polo tanto, lamentamos comunicarlle que non se trata dunha competencia municipal, polo que a súa proposta non pode ser considerada como viable.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Vismeiro

    Apoio totalmente esta proposta. A rotonda do Pavo Real empeza a estar saturada de tráfico e este vial permitiría desviar unha gran parte do tráfico hacia a zona de Ventorrillo, Agra do Orzan ,etc..

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos