Código proposta de investimento: 2364
A contorna da Torre de Hércules constitúe un marco sensible de apreciación do monumento. É intolerable que xunto a un patrimonio mundial da humanidade exista lixo, insalubridade, e un aspecto tan decadente. A proposta inclúe a demolición das edificacións existentes e o acondicionamento da parcela como zona verde ou un simple prado.
Lamentamos comunicarlle que a súa proposta non pode considerarse Viable polos seguintes motivos: por unha banda, a demolición e acondicioamento da parcela da chatarrería non é competencia municipal, ten que facerse por conta dos propietarios do polígono, e pola outra banda, a limpeza non é un gasto de investimento, senón un gasto corrente, e tal e como se recolle na información da plataforma de Orzamentos Participativos, ten que considerarse Inviable. Non obstante, tómase nota do tema da limpeza para remitirse á Concellería competente e dámoslle as grazas pola súa colaboración.
afean moito e coma zoa verde estarian perfectos
Conta co meu voto!!