Volver

Carrís-bici a contramán

monchovazquez monchovazquez  •  21/05/2019  •  Distrito 10  • 

Exemplo de carril-bici a contramán en Vitoria-Gasteiz
Exemplo de carril-bici a contramán en Vitoria-Gasteiz

Código proposta de investimento: 2313

O actual sistema de circulación baseado en rúas de sentido único responde á lóxica do automóbil, mentres que para medios de transporte como a bicicleta carece de sentido. Así, resulta pouco racional que unha bicicleta se vexa na obriga de realizar unha maior distancia cando pode ser un percorrido máis curto. Proponse a creación de carrís-bici a contramán a través da supresión xe bandas de aparcadoiro.

A modo de exemplo, propóñense as seguintes rúas: rúa Alcalde Marchesi, rúa Sagrada Familia e rúa Modesta Goicouría

Proposta en nome de: Colectivo de emerxencia para a presentación de propostas ciclistas de última hora

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ramonparada

    Boa idea. A bicicleta permite facer moitos percorridos que son imposibles co coche por non haber suficiente espazo fisico entre outras razóns. Unha vez que pasamos de facer carris bici ó carón dos carris para coches é cando comezamos a aproveitar realmente o potencial da bicicleta na cidade.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos