Volver

Medidas de redución da velocidade do tráfico na Avenida de Gran Canaria

monfero monfero  •  21/05/2019  •  Distrito 9  • 

pasos_de_peons_gran_canaria_1.jpg
pasos_de_peons_gran_canaria_1.jpg

Código proposta de investimento: 2234

A Avenida de Gran Canaria é unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou.

Esta proposta vai na liña de pacificar o tráfico na zona, reducindo a velocidade dos vehículos que circulan pola avenida de Gran Canaria, unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou, e facer esta rúa mais segura.

A idea é intervir nos dous pasos de peóns sinalados con medidas redutoras de velocidade: elevación da calzada á altura das beirarúas, colocación de bandas sonoras ou outro tipo de medidas, que obriguen aos vehículos a reducir a súa velocidade, aumentando a seguridade dos peóns.

Tamén sería necesario controlar o estacionamento inadecuado de vehículos, que moitas veces paran en dobre fila impedindo o tráfico normal, e poñendo en perigo á xente, principalmente cando aparcan nas proximidades aos pasos de peóns.

Proposta en nome de: Asociación de Veciños Francisco Rodríguez Otero (Labañou, San Roque, Rosales, Cidade Escolar)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos