Volver

Eliminar cerre do Parque de Santa Margarida en Avda. Fisterra

anilorrak anilorrak  •  19/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 588

O cerre do Parque de Santa Margarida é un obstáculo para os cidadáns que suben e baixan pola Avenida Fisterra. Consideramos que abrir o espazo facilitaría os desprazamentos pola estreita beirarúa, permitiría o contacto directo co Monte, evitaría ser un foco de insalubridade e malos olores (debido a que é utilizado por algúns como mexadoiro) e melloraría estéticamente o espazo urbán. Propoñemos o derrubamento do valado que vai dende o número 95 da Avda. Fisterra ata a entrada no cruce coa rúa Palomar, e o derrubamento de dita entrada. Son aproximadamente uns 50 metros de valo en moi mal estado, roto e con ferros de estrutura á vista, perigoso para a xente.

O espazo que se gañaría, actualmente infrautilizado (especialmente na zona próxima ao nº 95), podería ser empregado coma zona de descanso con algún banco e adecuada iluminación, ou mesmo coma posible punto de préstamo de bicicletas.

Localización: https://goo.gl/maps/2YbRLnXuWH22

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Actualmente está en redacción o proxecto de execución de mellora da accesibilidade do parque de Santa Margarida na zona que se refire nesta proposta. O contido do proxecto é prácticamente coincidente co solicitado: derrubo de límites e ampliación do espazo público. Existe crédito suficiente no orzamento deste exercicio 2017 para comezar coa licitación do proxecto no momento que este sexa aprobado." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.

Non hai fitos definidos