Volver

Demolición do depósito de auga do Ventorrillo e creación de zona verde

antolinp antolinp  •  16/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 477

Descoñezo se o depósito de auga do Ventorrillo ten actualmenta algunha finalidade máis que servir de soporte para algunhas antenas de telefonía móvil. Nun barrio como o do Agra-Ventorrillo que tan escasas son as zonas verdes, a pequena zona verde que está ao seu carón e ampliamente valorada e utilizada polos veciños da zona. Estaría ben facer o plantexamente de que se o depósito e o recinto amurallado que o circunda non ten uso, ou caso de telo este podese desplazara outras zonas, aproveitar este espazo para ampliar e mellorar a zona verde que está ao seu carón comprendida entre as rúas Monasterio de Caaveiro, Rodrigo A. de Santiago e Avenida. Fisterra.

Localización: Recinto do depósito de auga do Ventorrillo. Rúas Monasterio de Caaveiro, Rodrigo A. de Santiago e Avenida Fisterra.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos